Capítulo 6. Máis información en Debian

Índice

6.1. Lecturas recomendadas
6.2. Obter axuda
6.2.1. Listas de correo
6.2.2. Internet Relay Chat (IRC)
6.3. Informar de erros
6.4. Colaborar con Debian

6.1. Lecturas recomendadas

Ademais destas notas de versión e da guía de instalación, hai máis documentación sobre Debian dispoñible no Proxecto de Documentación Debian (DDP en inglés), cuxos obxectivos son a creación de documentación de alta calidade para os usuarios e desenvolvedores de Debian, como por exemplo a Referencia de Debian, a Nova Guía para os Mantedores de Debian, as Preguntas Frecuentes en Debian, e moitas máis. Para máis detalles sobre os recursos existentes consulte a páxina web da Documentación de Debian e a Wiki Debian.

A documentación para os paquetes individuais instálase en /usr/share/doc/nome-paquete. Esto pode incluír información de dereitos de autor, detalles específicos de Debian, e calquera documentación orixinal.

6.2. Obter axuda

Hai moitas fontes de axuda, consellos e asistencia técnica para os usuarios de Debian, inda que estas só se deberían consultar despois de investigar o problema na documentación dispoñible. Esta sección contén unha corta introdución a estas fontes que poden ser de axuda para os novos usuarios de Debian.

6.2.1. Listas de correo

As listas de correo máis importantes para os usuarios de Debian son as listas debian-user (en inglés) e as outras debian-user-idioma (para os outros idiomas). Para máis información sobre estas listas e detalles de como subscribirse consulte https://lists.debian.org/. Por favor rebusca nos arquivos para ver se xa existen respostas á túa pregunta e segue as normas de conduta da lista.

6.2.2. Internet Relay Chat (IRC)

Debian ten unha canle IRC dedicada a dar soporte técnico e axudar aos usuarios de Debian, situada na rede IRC OFTC. Para acceder a esa canle conéctese co seu cliente IRC a irc.debian.org e únase a #debian.

Por favor siga as normas da canle, e respecte aos outros usuarios. Pode consultar as normas na Wiki Debian.

Para máis información sobre OFTC visite a súa páxina.

6.3. Informar de erros

Intentamos facer de Debian un sistema operativo de boa calidade; pero iso non significa que todos os paquetes que distribuímos están totalmente libres de fallos. En conxunción coa filosofía de « desenvolvemento aberto » de Debian, e coma un servizo para os nosos usuarios, compartimos toda a información sobre os fallos atopados no Sistema de Seguimento de Fallos (BTS en inglés). O SSF pódese consultar en https://bugs.debian.org/.

Se vostede atopa un fallo na distribución, ou nos programas que a forman, informe sobre el para que poida ser arranxado en futuras versións. Informar de fallos require unha dirección de correo-e válida. Pedímosllo para que poidamos seguir os fallos e os desenvolvedores se poidan poñer en contacto cos autores do informe para lles requirir información adicional.

Vostede pode informar dun fallo usando o programa reportbug ou manualmente dende o correo-e. Pódese atopar máis información sobre o Sistema de Seguimento de Fallos e sobre como usalo lendo a documentación de referencia (dispoñible en /usr/share/doc/debian se tes instalado paquete doc-debian) ou na rede no Sistema de Seguimento de Fallos.

6.4. Colaborar con Debian

Non necesitas ser un experto para colaborar con Debian. Mesmo axudando aos usuarios cos seus problemas nas diferentes listas vostede está contribuíndo á comunidade. Tamén axuda moito identificar (e resolver) problemas relacionados co desenvolvemento da distribución participando na lista de desenvolvemento. Para manter a calidade da distribución Debian, informe dos fallos e axude aos desenvolvedores a arranxalos. A ferramenta how-can-i-help axudarallee a atopar informes de fallos adecuados nos que traballar. Se se llee da ben escribir podes contribuír de forma máis activa axudando a escribir documentación ou traducindo documentos existentes á súa lingua.

Se lle chega o tempo poderías xestionar un anaco da colección de Programas Libres dentro de Debian. Axudaríanos moito se a xente adopta ou mantén elementos que a xente quere que se inclúan con Debian. A base de datos Fáltanlles Traballo e a base de datos Paquetes Prospectivos conteñen esta información. Se lle interesan grupos específicos entón pode que lle guste contribuír a algún dos subproxectos de Debian, que inclúen implementacións a outras arquitecturas e Mesturas Debian Puras para grupos de usuarios específicos, entre outros.

Sexa como for, se vostede está traballando na comunidade do software libre de calquera forma, xa for coma usuario, programador, escritor ou tradutor; xa estas axudando a espallar o software libre. Colaborar é divertido e ten beneficios: ademais de axudarlle a coñecer xente nova poralle bolboretas no bandullo.