Capítulo 2. Novidades en Debian 11

Índice

2.1. Arquitecturas compatibles
2.2. Que novidades hai na distribución?
2.2.1. Ambientes de escritorios e paquetes famosos
2.2.2. Escaneo e impresión sen controladores
2.2.3. Nova orde xenérica para abrir
2.2.4. Grupos de control v2
2.2.5. Rexistro de systemd permanente
2.2.6. Novo sistema de entrada de texto Fcitx 5
2.2.7. Novas da Mestura Debian Med
2.2.8. Compatibilidade con exFAT no núcleo
2.2.9. Melloradas as traducións das páxinas man
2.2.10. Mellorada a compatibilidade con sistemas de inicio alternativos
2.2.11. Initial availability of the Bazel build system

A Wiki ten máis información sobre este tema.

2.1. Arquitecturas compatibles

As seguintes arquitecturas teñen compatibilidade oficial para Debian 11:

  • Ordenadores de 32 (i386) e 64 bits (amd64)

  • ARM de 64 bits (arm64)

  • ARM con Interface Binaria Incrustada [EABI] (armel)

  • ARMv7 (ABI de Interface binaria incrustada [EABI] con unidade de coma flotante en hardware [hard-float], armhf)

  • MIPS de extremidade menor (mipsel)

  • MIPS de 64 bits con extremidade menor (mips64el)

  • PowerPC de 64 bits con extremidade menor (ppc64el)

  • IBM System z (s390x)

Pode obter máis información sobre o estado da adaptación e información específica a cada adaptación nas páxinas sobre as arquitecturas de Debian.

2.2. Que novidades hai na distribución?

Esta nova versión de Debian volve a ter moitos máis programas ca en buster; a distribución inclúe máis de 11294 paquetes novos, chegando a un total de 59551 paquetes. A maioría dos programas na distribución están actualizados: máis de 42821 paquetes, o 72% dos paquetes de buster. Ademais, un gran número de paquetes (máis de 9519 paquetes, 16% dos paquetes en buster) foron eliminados da distribución por cadansúa razón. Estes paquetes non terán máis actualizacións e serán marcados coma «obsoletos» nos clientes de xestión de paquetes. Véxase Sección 4.8, « Paquetes obsoletos ».

2.2.1. Ambientes de escritorios e paquetes famosos

Debian volve a ofrecer varios ambientes e aplicacións de escritorio. Inclúense o ambiente de escritorio GNOME 3.38, KDE Plasma 5.20, LXDE 11, LXQt 0.16, MATE 1.24, e Xfce 4.16; entre outros.

As aplicacións de produtividade tamén foron actualizadas, xunto cos programas de ofimática:

  • LibreOffice foi actualizado á versión 7.0;

  • Calligra foi actualizado á versión 3.2.

  • GNUcash foi actualizado á versión 4.4;

Esta actualización inclúe as actualizacións dos seguintes programas, entre outros:

PaqueteVersión en 10 (buster)Versión en 11 (bullseye)
Apache2.4.382.4.48
Servidor DNS BIND9.119.16
Cryptsetup2.12.3
Servidor de correo Dovecot2.3.42.3.13
Emacs26.127.1
Servidor de correo por omisión Exim4.924.94
A Colección de Compiladores GNU como compilador por omisión8.310.2
GIMP2.10.82.10.22
GnuPG2.2.122.2.27
Inkscape0.92.41.0.2
a biblioteca C GNU2.282.31
lighttpd1.4.531.4.59
Imaxe do núcleo Linuxseries 4.19series 5.10
Conxunto de ferramentas LLVM/Clang6.0.1 e 7.0.1 (por omisión)9.0.1 e 11.0.1 (por omisión)
MariaDB10.310.5
Nginx1.141.18
OpenJDK1111
OpenSSH7.9p18.4p1
Perl5.285.32
PHP7.37.4
Servidor de correo Postfix3.43.5
PostgreSQL1113
Python 33.7.33.9.1
Rustc1.41 (1.34 para armel)1.48
Samba4.94.13
Vim8.18.2

2.2.2. Escaneo e impresión sen controladores

É cada vez máis frecuente, tanto imprimindo con CUPS e escaneando con SANE, que se poidan facer sen controladores específicos ao modelo (que poden non ser libres); especialmente no caso dos dispositivos producidos nos últimos cinco anos.

2.2.2.1. CUPS e impresión sen controladores

As impresoras modernas, estean conectadas por cable ou sen fíos, xa poden usar a impresión sen controladores de CUPS e cups-filters, tal coma se indica nas Notas da Versión de buster. Debian 11 « bullseye » inclúe o novo paquete ipp-usb, que é recomendado por cups-daemon e usa o protocolo independente IPP-over-USB compatible con moitas impresoras modernas. Isto lle permite a un dispositivo USB comportarse coma un dispositivo de rede, estendendo a impresión sen controladores para incluír as impresoras por USB. Os detalles específicos explícanse na wiki.

O ficheiro de servizo de systemd incluído no paquete ipp-usb arranca o daemon ipp-usb cando se conecta unha impresora por USB, permitindo a impresión. Por defecto cups-browsed deberíaa configurar automaticamente, pero tamén se pode configurala de forma manual cunha cola de impresión local sen controladores.

2.2.2.2. SANE e escaneo sen controladores

O sistema de fondo sen controladores oficial de SANE é sane-escl do paquete libsane1. Outro sistema de fondo sen controladores desenvolto de forma independente é sane-airscan. Os dous sistemas entenden o protocolo eSCL, pero sane-airscan tamén pode usar o protocolo WSD. Os usuarios deberían pensar en ter os dous sistemas no seu ordenador.

eSCL e WSD son protocolos de rede. Polo tanto poden operar a través dunha conexión USB se o dispositivo é un dispositivo IPP-over-USB (IPP sobre USB, véxase enriba). Teña en conta que libsane1 recomenda o paquete ipp-usb. Isto fai que o dispositivo adecuado xa se configure automaticamente para usar o controlador do sistema de fondo sen controladores cando se conecta a un porto USB.

2.2.3. Nova orde xenérica para abrir

Unha nova orde open está dispoñible coma un alcume máis cómodo de xdg-open (por omisión) ou de run-mailcap. Isto xestiónao o sistema update-alternatives(1). O seu obxectivo é seu uso interactivo dende a liña de ordes, para abrir os ficheiros dende cadansúa aplicación por defecto, que pode ser un programa con gráficos se hai algún dispoñible.

2.2.4. Grupos de control v2

En bullseye, systemd usa por defecto os grupos de control v2 (cgroupv2), que proporcionan unha xerarquía de control dos recursos unificada. Hai parámetros da liña de ordes do núcleo para seleccionar os cgroups vellos se se necesita; véxanse as notas de OpenStack na sección Sección 5.1.8, « OpenStacks e cgroups v1 ».

2.2.5. Rexistro de systemd permanente

En bullseye systemd ten activado por omisión o rexistro permanente, gardando os ficheiros en /var/log/journal/. Consulte systemd-journald.service(8) para máis información; fíxese que en Debian o rexistro pódese ler polos membros do grupo adm, xunto co grupo por omisión systemd-journal.

Isto non debería influír con ningún daemon rexistrador, por exemplo rsyslog, pero os usuarios que non usen as características especiais do susodito daemon deberían pensar en desinstalalo e comezar a usar só este rexistro.

2.2.6. Novo sistema de entrada de texto Fcitx 5

O Fcitx 5 é un sistema para introducir texto en chinés, xaponés, coreano e moitas outras linguas. É o descendente do famoso Fcitx 4 en buster. A nova versión é compatible con Wayland e ten unha mellor compatibilidade cos engadidos. Pódese atopar máis informaciónna wiki.

2.2.7. Novas da Mestura Debian Med

O equipo de Debian Med está axudando na loita contra o COVID-19 empaquetando programas para a investigación do virus a nivel secuencial, e para loitar contra a pandemia coas ferramentas usadas en epidemioloxía. Continuarán facendo ese traballo no seguinte ciclo de versións, centrándose nas ferramentas de aprendizaxe automática usadas tanto en epidemioloxía e viroloxía.

Ademais de engadir novos paquetes do campo da medicina e a ciencia, un numero crecente de paquetes conseguiu a asistencia técnica de Integración Continua.

Moitas aplicacións que precisan seren de baixo consumo poden aproveitarse de SIMD a esgalla. Esta biblioteca permite que os paquetes estean dispoñibles en moitas das plataformas de hardware compatibles con Debian (importante para arm64) pero mantendo o beneficio no rendemento que dan os procesadores compatibles con extensións vectoriais, por exemplo AVX en amd64, ou NEON en arm64.

Para instalar os paquetes mantidos polo equipo Debian Med instale os metapaquetes chamados med-*, na versión 3.6.x en Debian bullseye. Bótelle unha ollada as tarefas de Debian Med para ver un listado completo dos programas de temática médica e biolóxica dispoñibles en Debian.

2.2.8. Compatibilidade con exFAT no núcleo

bullseye é a primeira versión que inclúe un núcleo Linux compatible co sistema de ficheiros exFAT, e selecciónase por omisión ao montar un sistema de ficheiros exFAT. Polo tanto xa non é preciso usar a implementación incluída no paquete exfat-fuse. Para poder seguir usando a implementación FUSE deberase chamar amount.exfat-fuse directamente ao montar un sistema de ficheiros exFAT.

Os autores da implementación do exFAT no núcleo Linux distribúen as ferramentas para crear e comprobar os sistemas de ficheiros exFAT no paquete exfatprogs. Ou tamén se pode usar as ferramentas implementadas de forma independente do paquete exfat-utils, pero non se poden instalar ámbolos dous paquetes á vez. Recomendamos mudarse ao paquete exfatprogs, pero ande con tento, que os parámetros das ordes poden ser incompatibles.

2.2.9. Melloradas as traducións das páxinas man

Melloráronse os manuais de varios proxectos, por exemplo systemd, util-linux, OpenSSH e Mutt; en moitas linguas, por exemplo as páxinas francesas, españolas ou macedonias. Para beneficiarse destes cambios instale manpages-xx (xx é o código do idioma que precise).

Durante a vida útil da versión bullseye as actualizacións e melloras nas traducións subiranse ao arquivo backports.

2.2.10. Mellorada a compatibilidade con sistemas de inicio alternativos

Por omisión Debian usa systemd como sistema de inicio. En bullseye pódese atopar unha variedade de sistemas de inicio diferentes, por exemplo o «SystemV» e OpenRC, e a maioría de ambientes de escritorio funcionan sobre os diferentes sistemas de inicio. Pode atopar máis información sobre como cambiar de sistema de inicio (e onde atopar información sobre os problemas que lle poidan xurdir ao non usar «systemd») na wiki de Debian.

2.2.11. Initial availability of the Bazel build system

The Bazel build system is available in Debian starting with this release. This is a bootstrap variant that doesn't include local versions of the extended Bazel ecosystem. However, the current package does provide identical functionality to core upstream Bazel, with the advantage of convenient Debian package management for the installation. While building Debian packages is not currently recommended yet, any software that supports Bazel builds should build normally using the bazel-bootstrap package. This includes build-time downloads of required dependencies.

The Debian Bazel Team is working to package an extensible version of Bazel for future Debian releases. This extensible version will allow additional components of the Bazel ecosystem to be included as native Debian packages. More importantly, this version will allow Debian packages to be built using Bazel. Contributions to the team are welcome!