Capítulo 3. Instalación do Sistema

Índice

3.1. Que novidades hai no sistema de instalación?
3.1.1. Axuda coa instalación de microcódigo ou «firmware»
3.1.2. Instalación automatizada
3.2. Contedores e imaxes de Máquinas Virtuais

O Instalador de Debian é o instalador de sistemas oficial para Debian. Permite escoller entre unha variedade de métodos de instalación. Os métodos dispoñibles para a instalación no seu sistema dependen da súa arquitectura.

Pódense atopar imaxes do instalador para bullseye xunto coa Guía de Instalación na páxina de Debian.

A Guía de Instalación tamén se inclúe no primeiro disco do paquete oficial de discos DVD de Debian (CD/Blu-Ray) dispoñible en:

/doc/install/manual/idioma/index.html

Tamén lle pode interesar a lista de erratas para debian-installer, para obter unha lista dos problemas coñecidos.

3.1. Que novidades hai no sistema de instalación?

Houbo moito desenvolvemento no Instalador de Debian dende a versión oficial anterior Debian 10, o que se traduce nunha mellor compatibilidade cos dispositivos e algunhas novas propiedades e melloras.

Se esta interesado nun resumo dos cambios feitos dende buster consulte o aviso da versión para as versións beta e RC de bullseye dispoñibles no rexistro de novas do Instalador de Debian.

3.1.1. Axuda coa instalación de microcódigo ou «firmware»

Para solucionar o problema de que os dispositivos periféricos precisen cargar cadanseu microcódigo no arranque, engadímoslle unha nova característica ao instalador. Se algún dispositivo precisa instalar microcódigo o instalador intentará engadilo ao sistema, seguindo unha relación entre o ID do dispositivo e os nomes dos ficheiros co microcódigo.

Esta nova característica só se atopa nas imaxes non oficiais que inclúen microcódigo (vexase https://www.debian.org/releases/bullseye/debian-installer/#firmware_nonfree). Como o microcódigo non soe ser compatible coas DFSG (Directrices en Debian para os Programas Libres), polo que non se pode distribuír dende o repositorio principal de Debian.

Se ten problemas relacionados co microcódigo (ou a ausencia de) consulte o capítulo da guía de instalación relacionado.

3.1.2. Instalación automatizada

Algúns cambios tamén implican cambios na compatibilidade do instalador coa instalación automatizada usando ficheiros preconfigurados. Isto significa que se vostede xa tiña ficheiros de configuración que funcionaban co instalador de buster non espere que lle funcionen no novo instalador sen modificalos.

A Guía de Instalación ten un apéndice actualizado con moita documentación sobre a preconfiguración.

3.2. Contedores e imaxes de Máquinas Virtuais

Están dispoñibles imaxes de contedores de varias arquitecturas con Debian bullseye en Docker Hub. Ademais das imaxes normalizadas tamén está dispoñible unha variante « estilizada » que reduce o uso do disco.

As imaxes de máquinas virtuais para o xestor de MV de Hashicorp Vagrant publícanse en Vagrant Cloud.