Índice
A Wiki ten máis información sobre este tema.
As seguintes arquitecturas teñen compatibilidade oficial para Debian 11:
Ordenadores de 32 (i386
) e 64 bits
(amd64
)
ARM de 64 bits (arm64
)
ARM con Interface Binaria Incrustada [EABI] (armel
)
ARMv7 (ABI de Interface binaria incrustada [EABI] con unidade de coma
flotante en hardware [hard-float], armhf
)
MIPS de extremidade menor (mipsel
)
MIPS de 64 bits con extremidade menor (mips64el
)
PowerPC de 64 bits con extremidade menor (ppc64el
)
IBM System z (s390x
)
Pode obter máis información sobre o estado da adaptación e información específica a cada adaptación nas páxinas sobre as arquitecturas de Debian.
Esta nova versión de Debian volve a ter moitos máis programas ca en buster; a distribución inclúe máis de 11294 paquetes novos, chegando a un total de 59551 paquetes. A maioría dos programas na distribución están actualizados: máis de 42821 paquetes, o 72% dos paquetes de buster. Ademais, un gran número de paquetes (máis de 9519 paquetes, 16% dos paquetes en buster) foron eliminados da distribución por cadansúa razón. Estes paquetes non terán máis actualizacións e serán marcados coma «obsoletos» nos clientes de xestión de paquetes. Véxase Sección 4.8, « Paquetes obsoletos ».
Debian volve a ofrecer varios ambientes e aplicacións de escritorio. Inclúense o ambiente de escritorio GNOME 3.38, KDE Plasma 5.20, LXDE 11, LXQt 0.16, MATE 1.24, e Xfce 4.16; entre outros.
As aplicacións de produtividade tamén foron actualizadas, xunto cos programas de ofimática:
Esta actualización inclúe as actualizacións dos seguintes programas, entre outros:
É cada vez máis frecuente, tanto imprimindo con CUPS
e
escaneando con SANE
, que se poidan facer sen
controladores específicos ao modelo (que poden non ser libres);
especialmente no caso dos dispositivos producidos nos últimos cinco anos.
As impresoras modernas, estean conectadas por cable ou sen fíos, xa poden
usar a impresión
sen controladores de CUPS
e cups-filters
, tal coma se indica nas Notas
da Versión de buster. Debian 11 « bullseye » inclúe o
novo paquete ipp-usb
, que é
recomendado por cups-daemon
e usa o
protocolo independente IPP-over-USB
compatible con moitas impresoras modernas. Isto lle permite a un dispositivo
USB comportarse coma un dispositivo de rede, estendendo a impresión sen
controladores para incluír as impresoras por USB. Os detalles específicos
explícanse na
wiki.
O ficheiro de servizo de systemd incluído no paquete ipp-usb
arranca o daemon
ipp-usb
cando se conecta unha impresora por USB,
permitindo a impresión. Por defecto cups-browsed
deberíaa configurar
automaticamente, pero tamén se pode configurala de forma manual
cunha cola de impresión local sen controladores.
O sistema de fondo sen controladores oficial de SANE é
sane-escl
do paquete libsane1
. Outro sistema de fondo sen
controladores desenvolto de forma independente é sane-airscan
. Os dous sistemas entenden o protocolo eSCL,
pero sane-airscan
tamén pode usar o
protocolo WSD. Os usuarios
deberían pensar en ter os dous sistemas no seu ordenador.
eSCL
e WSD
son protocolos de
rede. Polo tanto poden operar a través dunha conexión USB se o dispositivo é
un dispositivo IPP-over-USB
(IPP sobre USB, véxase
enriba). Teña en conta que libsane1
recomenda o paquete ipp-usb
. Isto
fai que o dispositivo adecuado xa se configure automaticamente para usar o
controlador do sistema de fondo sen controladores cando se conecta a un
porto USB.
Unha nova orde open está dispoñible coma un alcume máis cómodo de xdg-open (por omisión) ou de run-mailcap. Isto xestiónao o sistema update-alternatives(1). O seu obxectivo é seu uso interactivo dende a liña de ordes, para abrir os ficheiros dende cadansúa aplicación por defecto, que pode ser un programa con gráficos se hai algún dispoñible.
En bullseye, systemd usa por defecto os grupos de control v2 (cgroupv2), que proporcionan unha xerarquía de control dos recursos unificada. Hai parámetros da liña de ordes do núcleo para seleccionar os cgroups vellos se se necesita; véxanse as notas de OpenStack na sección Sección 5.1.8, « OpenStacks e cgroups v1 ».
En bullseye systemd ten activado por omisión o rexistro permanente, gardando
os ficheiros en /var/log/journal/
. Consulte systemd-journald.service(8)
para máis información; fíxese que en Debian o rexistro pódese ler polos
membros do grupo adm
, xunto co grupo por omisión
systemd-journal
.
Isto non debería influír con ningún daemon rexistrador, por exemplo
rsyslog
, pero os usuarios que non
usen as características especiais do susodito daemon deberían pensar en
desinstalalo e comezar a usar só este rexistro.
O Fcitx 5 é un sistema para introducir texto en chinés, xaponés, coreano e moitas outras linguas. É o descendente do famoso Fcitx 4 en buster. A nova versión é compatible con Wayland e ten unha mellor compatibilidade cos engadidos. Pódese atopar máis informaciónna wiki.
O equipo de Debian Med está axudando na loita contra o
COVID-19
empaquetando programas para a investigación do
virus a nivel secuencial, e para loitar contra a pandemia coas ferramentas
usadas en epidemioloxía. Continuarán facendo ese traballo no seguinte ciclo
de versións, centrándose nas ferramentas de aprendizaxe automática usadas
tanto en epidemioloxía e viroloxía.
Ademais de engadir novos paquetes do campo da medicina e a ciencia, un numero crecente de paquetes conseguiu a asistencia técnica de Integración Continua.
Moitas aplicacións que precisan seren de baixo consumo poden aproveitarse de
SIMD a
esgalla. Esta biblioteca permite que os paquetes estean dispoñibles
en moitas das plataformas de hardware compatibles con Debian (importante
para arm64
) pero mantendo o beneficio no rendemento que
dan os procesadores compatibles con extensións vectoriais, por exemplo
AVX
en amd64
, ou
NEON
en arm64
.
Para instalar os paquetes mantidos polo equipo Debian Med instale os
metapaquetes chamados med-
,
na versión 3.6.x en Debian bullseye. Bótelle unha ollada as tarefas de Debian Med para
ver un listado completo dos programas de temática médica e biolóxica
dispoñibles en Debian.
*
bullseye é a primeira versión que inclúe un núcleo Linux compatible co
sistema de ficheiros exFAT, e selecciónase por omisión ao montar un sistema
de ficheiros exFAT. Polo tanto xa non é preciso usar a implementación
incluída no paquete exfat-fuse
. Para
poder seguir usando a implementación FUSE deberase chamar
amount.exfat-fuse directamente ao montar un sistema de
ficheiros exFAT.
Os autores da implementación do exFAT no núcleo Linux distribúen as
ferramentas para crear e comprobar os sistemas de ficheiros exFAT no paquete
exfatprogs
. Ou tamén se pode usar as
ferramentas implementadas de forma independente do paquete exfat-utils
, pero non se poden instalar ámbolos
dous paquetes á vez. Recomendamos mudarse ao paquete exfatprogs
, pero ande con tento, que os
parámetros das ordes poden ser incompatibles.
Melloráronse os manuais de varios proxectos, por exemplo systemd,
util-linux, OpenSSH e Mutt; en moitas linguas, por exemplo as páxinas
francesas, españolas ou macedonias. Para beneficiarse destes cambios instale
manpages-
(xx
é o código do idioma que
precise).
xx
Durante a vida útil da versión bullseye as actualizacións e melloras nas
traducións subiranse ao arquivo backports
.
Por omisión Debian usa systemd
como
sistema de inicio. En bullseye pódese atopar unha variedade de sistemas de
inicio diferentes, por exemplo o «SystemV» e OpenRC, e a maioría de
ambientes de escritorio funcionan sobre os diferentes sistemas de
inicio. Pode atopar máis información sobre como cambiar de sistema de inicio
(e onde atopar información sobre os problemas que lle poidan xurdir ao non
usar «systemd») na wiki de
Debian.
The Bazel build system is
available in Debian starting with this release. This is a bootstrap variant
that doesn't include local versions of the extended Bazel
ecosystem. However, the current package does provide identical functionality
to core upstream Bazel, with the advantage of convenient Debian package
management for the installation. While building Debian packages is not
currently recommended yet, any software that supports Bazel builds should
build normally using the bazel-bootstrap
package. This includes
build-time downloads of required dependencies.
The Debian Bazel Team is working to package an extensible version of Bazel for future Debian releases. This extensible version will allow additional components of the Bazel ecosystem to be included as native Debian packages. More importantly, this version will allow Debian packages to be built using Bazel. Contributions to the team are welcome!