Apêndice A. Xestionar o seu sistema buster antes de actualizar

Índice

A.1. Actualizando o seu sistema buster
A.2. Comproba os seus ficheiros de fontes APT
A.3. Eliminar ficheiros de configuración obsoletos

Este apéndice contén información sobre como asegurarse de que se poden instalar ou actualizar paquetes buster antes de actualizar a bullseye. Esto só debería ser necesario en contadas situacións.

A.1. Actualizando o seu sistema buster

Isto non é distinto de calquera outra actualización de buster que xa fixera. A única diferenza é que primeiro precisa asegurarse de que a súa lista de paquetes inda contén referencias a buster, tal coma se explica en Sección A.2, « Comproba os seus ficheiros de fontes APT ».

Se actualiza o seu sistema usando un servidor espello, el mesmo xa se actualizará automaticamente á última versión maior buster.

A.2. Comproba os seus ficheiros de fontes APT

Se calquera das liñas nos seus ficheiros de fontes APT (véxase sources.list(5)) contén referencias a « stable », é que xa apunta a bullseye. Isto pode non ser o que vostede quere, se non estás listo para a actualización. Se xa executou apt update inda pode volver sen problemas seguindo os pasos seguintes.

Se tamén instalou paquetes dende bullseye xa non ten sentido que instale paquetes dende buster. Nese caso ten que decidir vostede se queres continuar ou non. É posible volver a unha versión anterior dos paquetes, pero iso non se trata neste documento.

Como superusuario, abra o ficheiro de fontes de APT necesario (por exemplo /etc/apt/sources.list) co seu editor de texto favorito e comprobe se todas as liñas que comecen con deb http:, deb https:, deb tor+http:, deb tor+https:, URIs: http:, URIs: https:, URIs: tor+http: ou URIs: tor+https: fan referencia a « stable ». Se atopa algunha cambie stable por buster.

Se ten algunha liña que comece por deb file: ou URIs: file: deberá comprobar vostede se a localización á que se refiren contén un arquivo buster ou bullseye.

[Importante]Importante

Non cambie ningunha liña que comece por deb cdrom: ou URIs: cdrom:. Facer iso invalidaría a liña e tería que executar de novo apt-cdrom. Non se asuste se unha liña cdrom: fai referencia a « unstable ». Inda que pode parecerlle estraño, isto é normal.

Se fixo algún cambio, garde o ficheiro e execute

# apt update

para actualizar a lista de paquetes.

A.3. Eliminar ficheiros de configuración obsoletos

Antes de actualizar o seu sistema a bullseye, recomendamoslle borrar os ficheiros de configuración vellos (por exemplo os ficheiros *.dpkg-{new,old} en /etc) do sistema.