Índice
Este apéndice contén información sobre como asegurarse de que se poden instalar ou actualizar paquetes buster antes de actualizar a bullseye. Esto só debería ser necesario en contadas situacións.
Isto non é distinto de calquera outra actualización de buster que xa fixera. A única diferenza é que primeiro precisa asegurarse de que a súa lista de paquetes inda contén referencias a buster, tal coma se explica en Sección A.2, « Comproba os seus ficheiros de fontes APT ».
Se actualiza o seu sistema usando un servidor espello, el mesmo xa se actualizará automaticamente á última versión maior buster.
Se calquera das liñas nos seus ficheiros de fontes APT (véxase sources.list(5))
contén referencias a « stable
», é que xa
apunta a bullseye. Isto pode non ser o que vostede quere, se non estás
listo para a actualización. Se xa executou apt update
inda pode volver sen problemas seguindo os pasos seguintes.
Se tamén instalou paquetes dende bullseye xa non ten sentido que instale paquetes dende buster. Nese caso ten que decidir vostede se queres continuar ou non. É posible volver a unha versión anterior dos paquetes, pero iso non se trata neste documento.
Como superusuario, abra o ficheiro de fontes de APT necesario (por exemplo
/etc/apt/sources.list
) co seu editor de texto favorito
e comprobe se todas as liñas que comecen con deb http:
,
deb https:
, deb tor+http:
,
deb tor+https:
, URIs: http:
,
URIs: https:
, URIs: tor+http:
ou
URIs: tor+https:
fan referencia a
« stable
». Se atopa algunha cambie
stable
por buster
.
Se ten algunha liña que comece por deb file:
ou
URIs: file:
deberá comprobar vostede se a localización á
que se refiren contén un arquivo buster ou bullseye.
Importante | |
---|---|
Non cambie ningunha liña que comece por |
Se fixo algún cambio, garde o ficheiro e execute
# apt update
para actualizar a lista de paquetes.