Índice
O Instalador de Debian é o instalador de sistemas oficial para Debian. Permite escoller entre unha variedade de métodos de instalación. Os métodos dispoñibles para a instalación no seu sistema dependen da súa arquitectura.
Pódense atopar imaxes do instalador para bookworm xunto coa Guía de Instalación na páxina de Debian.
A Guía de Instalación tamén se inclúe no primeiro disco do paquete oficial de discos DVD de Debian (CD/Blu-Ray) dispoñible en:
/doc/install/manual/idioma
/index.html
Tamén lle pode interesar a lista de erratas para debian-installer, para obter unha lista dos problemas coñecidos.
Houbo moito desenvolvemento no Instalador de Debian dende a versión oficial anterior Debian 11, o que se traduce nunha mellor compatibilidade cos dispositivos e algunhas novas propiedades e melloras.
Se esta interesado nun resumo detallado dos cambios feitos respecto a bullseye consulte o aviso da versión para as versións beta e RC de bookworm dispoñibles no rexistro de novas do Instalador de Debian.
O equipo da nube publica Debian bookworm para varios servizos coñecidos de computación na nube, incluíndo:
Amazon Web Services
Microsoft Azure
OpenStack
MV xenérica
As imaxes da nube provén pancas automáticas mediante cloud-init e priorizan un arranque rápido usando paquetes do núcleo e configuracións do GRUB especificamente optimizados. As imaxes compatibles con diferentes arquitecturas están dispoñibles onde se necesitaren e o equipo da nube pensa en espremer ao límite todas as vantaxes que ofrece o servizo na nube.
O equipo da nube actualizará as imaxes ate o fin do período de mantemento a longo prazo [LTS] de bookworm. Normalmente sácanse novas imaxes tras cada nova versión maior e tras cada actualización de seguridade para os paquetes máis importantes. As políticas de mantemento do equipo da nube pódense atopar aquí.
Máis información en cloud.debian.org e na wiki.
Están dispoñibles imaxes de contedores de varias arquitecturas con Debian bookworm en Docker Hub. Ademais das imaxes normalizadas tamén está dispoñible unha variante « estilizada » que reduce o uso do disco.
As imaxes de máquinas virtuais para o xestor de MV de Hashicorp Vagrant publícanse en Vagrant Cloud.