Índice
/usr
fusionado »
libcrypt1
As veces os cambios introducidos nunha nova versión teñen efectos secundarios imposibles de prever ou amosan fallos en algures. Esta sección documenta os problemas que coñecemos. Consulte tamén a lista de erratas, a documentación do paquete axeitada, informes de fallo e outra información mencionada en Sección 6.1, « Lecturas recomendadas ».
Esta sección trata da actualización de bullseye a bookworm.
Tal coma se indica en Sección 2.2, « Áreas do arquivo », a partir de agora os
paquetes con «firmware» non libre só estarán dispoñibles nun compoñente do
arquivo dedicado, chamado non-free-firmware
. Terá que
actualizar a configuración de APT para asegurarse de que recibe as
actualizacións axeitadas. De seguido se amosa un exemplo, asumindo que o
compoñente non-free
só se engadiu para instalar
«firmware»:
deb https://deb.debian.org/debian bookworm main non-free-firmware
Se está a ler este capítulo por indicación de apt, pode
evitar que lle avise deste cambio creando un ficheiro de apt.conf(5) en
/etc/apt/apt.conf.d/no-bookworm-firmware.conf
co
seguinte contido:
APT::Get::Update::SourceListWarnings::NonFreeFirmware "false";
O paquete ntp
, que era a versión por
omisión para configurar a hora do sistema dende servidores NTP, foi
substituído por ntpsec
.
A meirande parte do usuarios non precisan de facer nada para cambiar de
ntp
a ntpsec
.
Bookworm tamén inclúe varios paquetes que provén ese mesmo servizo. En
Debian a opción por omisión é systemd-timesyncd
, que abonda para os usuarios
que só precisen un cliente ntp
para manterse en
hora. Esta versión tamén inclúe chrony
e openntpd
, que permiten un uso máis avanzado,
como pode ser operar o teu servidor NTP propio.
Puppet foi actualizado da versión 5 á 7, saltando todas as versións 6. Esta versión introduce grandes cambios no ecosistema de Puppet.
A versión clásica baseada en Ruby de Puppet Master 5.5.x foi declarada
obsoleta polo autor orixinal, e xa non está dispoñible en Debian. Foi
substituída por Puppet Server 7.x, no paquete puppetserver
. Este paquete é instalado
automaticamente mediante unha dependencia transitiva do paquete puppet-master
.
Pode que algunhas configuracións existentes non precisen de retoques con
Puppet Server, pero de todos xeitos debería revisar os ficheiros de
configuración dispoñibles en /etc/puppet/puppetserver
para asegurarse de que as opcións predeterminadas seguen sendo axeitadas. En
particular, o antigo formato de auth.conf
está
obsoleto. Vexa a
documentación de auth.conf para máis información.
Recoméndase actualizar o servidor antes cos clientes. O servidor de Puppet 7 é compatible con clientes antigos, e un servidor de Puppet 5 pode xestionar axentes actualizados, pero non pode rexistrar novos axentes de Puppet 7. Por mor disto, non se poderán engadir novos axentes de Puppet 7 á flota sen antes actualizar.
O paquete puppet
foi substituído
polo paquete puppet-agent
, e o
antigo paquete foi convertido nun paquete transicional para axudar á
actualización.
Tamén indicar que o paquete puppetdb
, que fora eliminado en bullseye, estará
de novo dispoñible en bookworm.
A coñecida ferramenta youtube-dl
,
que permite descargar vídeos dun grande número de páxinas (entre elas
YouTube) xa non estará dispoñible en Debian. No seu lugar estará un
paquete de transición baleiro que se encargará de instalar o paquete
yt-dlp
para substituílo.
yt-dlp
é a versión de youtube-dl
onde inda continúa o desenvolvemento.
Non se van instalar capas de compatibilidade, polo que precisará de cambiar os seus programas e memoria muscular para chamar a yt-dlp, no canto de youtube-dl. A funcionalidade debería ser a mesma, inda que algunhas opcións ou comportamentos foron cambiados. Consulte o manual de yt-dlp para máis información, e en particular a sección Diferencias no comportamento por omisión.
Os paquetes fcitx
e fcitx5
conteñen as versións 4 e 5 do Método de
Entrada Fcitx. O autor orixinal recomenda que non se poidan instalar ambas
versións á vez no mesmo sistema. Os usuarios que teñan ambas versións
instaladas terán que decidir cal versión eliminan.
Recomendamos que, antes de actualizar, os usuarios eliminen todos os
paquetes relacionados coa versión que van eliminar
(fcitx-*
para Fcitx 4 e fcitx5-*
para
Fcitx 5). Cando remate a actualización pode que precise executar a orde
im-config outra vez para escoller o método de entrada a
usar no sistema.
Pode obter máis información sobre o razoamento no aviso publicado na lista de correo (texto en chinés simplificado).
Bullseye incluía a versión de MariaDB nos nomes dos paquetes (v.g.
mariadb-server-10.5
e mariadb-client-10.5
), mentres que en bookworm os
nomes dos mesmos paquetes para MariaDB 10.11 xa non inclúen a versión
(v.g. mariadb-server
e mariadb-client
). A versión de MariaDB inda está
dispoñible nos metadatos da versión do paquete.
Coñécese un caso (Bug #1035949) no que a actualización a paquetes sen versión no nome pode fallar: correr
apt-get install default-mysql-server
pode dar un erro se mariadb-client-10.5
e o ficheiro
/usr/bin/mariadb-admin
foron eliminados antes de que o
servizo de SysV do servidor de MariaDB empezase o apagado, para o que
precisa mariadb-admin. Para evitalo faga
apt upgrade
antes de facer
apt full-upgrade
.
Para máis información sobre os cambios nos nomes dos paquetes de MariaDB
vexa /usr/share/doc/mariadb-server/NEWS.Debian.gz
.
O paquete rsyslog
xa non se precisa
na maioría de sistemas, e pódese eliminar sen problemas.
Moitos programas envían mensaxes ao rexistro para informarlle ao usuario o
que están a facer. Estas mensaxes pódense consultar usando o rexistro
(« journal » en inglés) de systemd, ou cun « daemon de
rexistros do sistema (syslog) », como pode ser
rsyslog
.
rsyslog
viña instalado con
bullseye, e o rexistro de systemd estaba configurado para enviar
todas as mensaxes do rexistro a rsyslog, que garda as mensaxes en varios
ficheiros de texto, por exemplo /var/log/syslog
.
rsyslog
xa non se instalará por
omisión en bookworm. Se non quere continuar usando
rsyslog
pode marcalo como instalado de forma automática
tras a actualización executando
apt-mark auto rsyslog
e despois facendo
apt autoremove
para eliminalo, segundo as dependencias. Se ao actualizar de versións antigas de Debian non aceptou a configuración predeterminada, pode que o rexistro non estea configurado para gardar os mensaxes en almacenamento permanente. Para activalo consulte as instrucións en journald.conf(5).
Se decide cambiar o rsyslog
unha
alternativa sería usar journalctl para ler as mensaxes do
rexistro, que están almacenadas en binario en
/var/log/journal
. Por exemplo,
journalctl -e
amosa os últimos mensaxes do rexistro e
journalctl -ef
amosa os novos mensaxes en vivo (algo semellante a executar
tail -f /var/log/syslog
).
rsyslog
agora usa « datas e
horas de alta precisión », o que pode afectar outros programas que
analicen os rexistros do sistema. Pode atopar máis información sobre como
personalizar esta opción en rsyslog.conf(5).
Se ten regras locais para logcheck
comprobe que funcionan cos cambios nas datas. logcheck
analiza as mensaxes no rexistro do sistema (creado por
systemd-journald
ou rsyslog
) usando
unha base de datos personalizable de regras en forma de expresións
regulares. Calquera regra que comprobe a data e hora na que se emitiu a
mensaxe terá que actualizarse para que funcione co novo formato de
rsyslog
. As regras predeterminadas, dispoñibles no
paquete logcheck-database
, xa están
actualizadas, pero calquera outra regra local ou externa inda precisa unha
comprobación. En /usr/share/doc/logcheck-database/NEWS.Debian.gz
ten dispoñible un programa para axudar a actualizar as regras
logcheck
locais.
rsyslog
cambiou que ficheiros crea
para gardar os rexistros, polo que algúns ficheiros en
/var/log
poden eliminarse.
Se segue a usar rsyslog
(véxase
Sección 5.1.7, « Cambios no sistema de rexistros ») verá que algúns ficheiros en
/var/log
xa non se crearán de xeito predeterminado. Todas
as mensaxes deses ficheiros seguirán escribíndose en
/var/log/syslog
, pero non se crearan os ficheiros
individuais.
Os ficheiros que xa non se crearán son:
/var/log/mail.{info,warn,err}
Estes ficheiros contiñan mensaxes do axente de transporte de correo local (MTA), clasificados por importancia.
/var/log/mail.log
contén todas as mensaxes relacionadas
co correo, polo que estes ficheiros (e cadansúa versión rotada) pódense
eliminar sen problemas. Se estaba a usar eses ficheiros para analizar
anomalías pode que precise cambiarse a outros programas, como pode ser
logcheck.
/var/log/lpr.log
Este ficheiro contén mensaxes relacionadas coa impresión. O sistema de
impresión por omisión en Debian, cups
, non usa este ficheiro, polo que se non
instalou algún outro sistema de impresión pode eliminalo (e os ficheiros
rotados correspondentes) sen problemas.
/var/log/{messages,debug,daemon.log}
Estes ficheiros (e cadanseu correspondente rotado) pódense eliminar. Todo o
que se escribira neses ficheiros tamén está dispoñible en
/var/log/syslog
.
A nova versión 2.5 de OpenLDAP inclúe algúns cambios incompatibles, tal coma
se indica neste
anuncio. Pode ser que o servizo slapd
,
dependendo da configuración, non se active tras a actualización,
precisándose actualizar manualmente a configuración.
Estes son algúns dos cambios incompatibles coñecidos:
As infraestruturas das bases de datos de slapd-bdb(5) e slapd-hdb(5) elimináronse. Se inda está a usar algo diso en bullseye recomendámoslle que migre a slapd-mdb(5) antes de actualizar a bookworm.
Eliminouse a infraestrutura de base de datos slapd-shell(5).
A cobertura slapo-ppolicy(5) agora inclúe o seu esquema compilado no módulo. O anterior esquema externo, se existir, interfire co novo.
Pode consultar as instrucións sobre como completar a actualización e
reactivar o servizo slapd
en /usr/share/doc/slapd/README.Debian.gz.
Tamén debería consultar as notas de
versión dos autores.
grub
leva moito tempo usando o
paquete os-prober
para detectar
outros sistemas operativos instalados no ordenador, de xeito que os poida
engadir ao menú de arranque. Porén, isto pode causar certos problemas (por
exemplo, se hai máquinas virtuais executándose), polo que agora isto está
desactivado por omisión na última versión.
Se está a usar GRUB para arrancar o sistema e quere que aparezan outros
sistemas operativos no menú de arranque terá que modificar isto. Modifique o
ficheiro /etc/default/grub
e engada ou active a liña
GRUB_DISABLE_OS_PROBER=false
e execute
update-grub, ou execute
dpkg-reconfigure <GRUB_PACKAGE>
para cambiar isto e outras configuracións de GRUB dun xeito máis sinxelo.
Moitas aplicacións de GNOME
xa mudaron do marco gráfico
GTK3
a GTK4
. Por desgraza isto provoca
que estas aplicacións perdan compatibilidade con lectores de pantalla, como
pode ser orca
.
Se depende dun lector de pantallas lle recomendamos que considere cambiarse
a un escritorio diferente, como por exemplo Mate, que é máis accesible. Para
facer isto instale o paquete mate-desktop-environment
. Para usar Orca con
Mate consulte esta
ligazón.
O servizo polkit
(antes chamado
PolicyKit
), que permite que programas sen privilexios
accedan a servizos do sistema privilexiados, mudou a sintaxe e localización
das regras de políticas locais, por mor de consistencia co orixinal e con
outras distribucións. A partir de agora deberá escribir as súas regras
locais personalizadas en JavaScript, e gardalas
en
/etc/polkit-1/rules.d/
.
Pode atopar exemplos do novo formato en
*
.rules/usr/share/doc/polkitd/examples/
. Consulte polkit(8)
para máis información.
Antes podíanse escribir as regras en formato pkla
e
deixalas en subdirectorios de
/etc/polkit-1/localauthority
ou de
/var/lib/polkit-1/localauthority
. Porén, agora os
ficheiros .pkla
están obsoletos e só funcionarán
instalando o paquete polkitd-pkla
.
Este paquete instalarase automaticamente ao actualizar a bookwork, pero non
é probable que se inclúa en futuras versións de Debian, polo que aquelas
políticas locais que o precisen deberíanse migrar a formato JavaScript.
Debian adoptou un sistema de ficheiros cunha estrutura diferente, o chamado
« /usr
fusionado », que xa non inclúe os
antigos directorios /bin
, /sbin
,
/lib
nin as variantes opcionais
/lib64
. Nesta nova estrutura substituíronse estes
directorios por ligazóns a cadansúa correspondente versión
/usr/bin
, /usr/sbin
,
/usr/lib
e /usr/lib64
. Por mor
disto, por exemplo, tanto /bin/bash
coma
/usr/bin/bash
executarán bash.
Para os sistemas instalados durante buster e bullseye non haberá cambios, por que esta nova estrutura xa se usaba nesas versións. Os sistemas que inda usaren a vella estrutura, agora incompatible, converteranse á nova estrutura durante a actualización a bookworm.
Esta conversión non debería afectar a meirande parte de usuarios. Todos os
ficheiros moveranse automaticamente ás novas rutas inda que se instalaren
localmente ou viñeren de paquetes externos a Debian. As rutas estáticas,
como pode ser /bin/sh
, seguirán funcionando. Porén, si
que poden ocorrer algúns problemas:
dpkg --search
devolverá resultados incorrectos para aqueles ficheiros que se moveran ás novas rutas:
dpkg --search /usr/bin/bash
non identificará que bash veu dun paquete. Pero
dpkg --search /bin/bash
inda funciona sen problemas.
Os programas locais externos a Debian pode que non sexan compatibles coa
nova estrutura e pode que, por exemplo, asuman que
/usr/bin/name
e /bin/name
son dous
ficheiros diferentes. Isto non é posible nos sistemas fusionados (incluíndo
as novas instalacións de buster e posteriores), polo que calquera programa
que faga iso terá que arranxarse ou eliminarse antes de actualizar.
Os sistemas que usen unha « capa base » na que non se pode escribir (como poden ser as imaxes de WSL1 ou os contedores que usen overlayfs multicapa) non se pode converter sen risco, e deberanse substituír (por exemplo instalando unha nova imaxe de WSL 1 da tenda) ou actualizar cada capa individualmente (por exemplo actualizando a capa base de Debian no overlayfs independentemente) no canto de facer dist-upgrade.
Para máis información consulte Sobre a Fusión de /usr e a resolución do Comité Técnico de Debian.
Debian só permite actualizar dende unha versión estable á seguinte, neste caso dende bullseye a bookworm. Non se permiten as actualizacións de buster a bookworm, e fallarán por mor do fallo #993755 con esta mensaxe:
A configurar libc6:ppc64el (2.36-9) ... /usr/bin/perl: error while loading shared libraries: libcrypt.so.1: cannot open shared object file: No such file or directory dpkg: erro ao procesar libc6:ppc64el (--configure): installed libc6:ppc64el package post-installation script subprocess returned error exit status 127
Porén, pódese recuperar desta situación forzando a instalación do novo
libcrypt1
:
# cd $(mktemp -d) # apt download libcrypt1 # dpkg-deb -x libcrypt1_*.deb . # cp -ra lib/* /lib/ # apt --fix-broken install
Hai algúns paquetes onde Debian non pode prometer manter unha modernización mínima por razóns de seguridade. Estes paquetes trátanse nas seguintes subseccións.
Nota | |
---|---|
O paquete |
Debian 12 inclúe varios motores de navegador da rede que están
afectados polo fluxo constante de vulnerabilidades de seguridade. A gran
cantidade de vulnerabilidades, e a falta parcial de soporte técnico da fonte
orixinal na forma de pólas de desenvolvemento a longo prazo, fan moi difícil
manter a compatibilidade con estes navegadores e motores con arranxos de
mantemento de seguridade. Ademais, as dependencias entre bibliotecas fan
moi difícil actualizar a versións máis novas da fonte orixinal. As
aplicacións que usen o paquete fonte webkit2gtk
(como pode ser epiphany
) teñen cobertura de seguridade, pero as aplicacións que usen
qtwebkit (paquete fonte qtwebkit-opensource-src
) non teñen.
Como navegador de uso diario recomendamos Firefox ou Chromium. Estes navegadores mantéñense ao día recompilando as versións ESR actuais para Debian estable. A mesma estratexia usarase para Thunderbird.
Despois de que unha versión pase a oldstable
os
navegadores con actualizacións oficiais non as recibirán fora do período de
cobertura normal. Por exemplo, Chromium só recibirá 6 meses de
actualizacións de seguridade en oldstable
, en comparación
cos 12 meses normais.
A infraestrutura de Debian inda ten problemas ao recompilar os tipos de paquetes que abusan do ligado estático. O crecemento do ecosistema de Go e Rust fai que os paquetes baseados neses ecosistemas terán unha asistencia técnica de seguridade limitada ata que a infraestrutura mellore o suficiente como para xestionalos sen problemas.
As actualizacións das bibliotecas de desenvolvemento de Go, se se precisaren, só poderían vir nas versións regulares principais.
Os paquetes de Debian que conteñen intérpretes de python3 (python3.11
e pypy3
) serán marcados coma «xestionados
externamente», segundo se indica no PEP-668. A versión de
python3-pip
dispoñible en Debian
tamén fai isto, e non instalará manualmente paquetes nos intérpretes python
de Debian, excepto se se pasa a opción
--break-system-packages
.
Recomendamos que instale calquera aplicación (ou versión) non empaquetada en
Debian mediante pipx (do paquete pipx
). pipx montará un
ambiente illado doutras aplicacións e módulos Python do sistema, e usara ese
ambiente para instalar a aplicación e as súas dependencias.
Recomendamos, se for posible, que instale calquera módulo e biblioteca (de
calquera versión) non empaquetada en Debian nun «virtualenv». Os
«virtualenv» pódense crear mediante o módulo venv
, parte
da «stdlib» de Python (no paquete python3-venv
), ou coa ferramenta externa de
Python virtualenv (no paquete virtualenv
). Por exemplo, no canto de usar
pip install --user foo
poderíase executar mkdir -p ~/.venvs && python3 -m venv
~/.venvs/foo
&&
~/.venvs/foo
/bin/python -m pip install
foo
para instalar foo nun virtualenv
propio.
Consulte /usr/share/doc/python3.11/README.venv
para
máis información.
O reprodutor de vídeo VLC é compatible coa codificación e descodificación de vídeo por hardware mediante VA-API e VDPAU. Porén a compatibilidade con VA-API está ligada á versión de FFmpeg. E como FFmpeg foi actualizado á rama 5.x a VA-API de VLC tívose que desactivar. Aqueles usuarios cuxas tarxetas gráficas teñan compatibilidade nativa con VA-API (por exemplo as tarxetas gráficas de Intel e AMD) pode que noten un pico de uso do procesador durante a reprodución e codificación de vídeo.
Aos usuarios de tarxetas gráficas con compatibilidade nativa con VDPAU (por exemplo, NVIDIA cos controladores non libres) non lles afectará este problema.
A compatibilidade con VA-API e VDPAU pódese comprobar con vainfo e vdpauinfo (en cadanseu paquete do mesmo nome).
O novo paquete systemd-resolved
xa
non se instalará automaticamente ao actualizar. Se estaba a usar o servizo
systemd-resolved terá que instalar o paquete manualmente
tras actualizar, e lémbrese de que ate que se instale a resolución DNS pode
que non funcione, ao non estar o servizo presente no sistema. Instalar este
paquete daralle o control de /etc/resolv.conf
a
systemd-resolved automaticamente. Para máis información sobre
systemd-resolved consulte a documentación
oficial. Tamén teña en conta que systemd-resolved non era, nin é, o
servizo de resolución DNS predeterminado de Debian. Se non está a usar
systemd-resolved non precisa facer nada.
O novo paquete systemd-boot
xa non
se instalará automaticamente ao actualizar. Se estaba a usar
systemd-boot terá que instalar o paquete manualmente, e
ate que o faga usarase a versión anterior de systemd-boot para iniciar o
sistema. Instalar este paquete tamén configurará systemd-boot coma o sistema
de arranque da máquina. O sistema de arranque predeterminado en Debian
segue a ser GRUB. Se non está a usar systemd-boot non precisa facer nada.
Os servizos opcionais systemd-journal-gatewayd
e systemd-journal-remote
xa non se compilarán con GnuTLS, o que fai que xa non se use o parámetro
--trust
. Se se intenta usar saltará un fallo.
Realizáronse varios cambios en adduser
. O máis prominente é que
--disabled-password
e --disabled-login
xa son practicamente equivalentes. Para máis información consulte
/usr/share/doc/adduser/NEWS.Debian.gz
.
A lóxica previsible de nomeamento que usa systemd
para as interfaces de rede foi estendida
para xerar nomes estables da información dos dispositivos do «netfront» de
Xen. Isto fai que, a diferenza do antigo método de deixar que o núcleo
escolla os nomes, agora as interfaces teñen nomes estables, da forma
enX
. Lembre de adaptar o seu
sistema antes de reiniciar tras a actualización. Para máis información
consulte a páxina
wiki NetworkInterfaceNames.
nº
dash, que é o intérprete de ordes
/bin/sh
por omisión en Debian, a partir de agora
tomará o acento circunflexo (^
) coma un carácter literal,
como se indica na normativa POSIX. Isto implica que en bookworm
[^0-9]
non é « sen incluír do 0 ao 9 », se non
que agora significa « de 0 ao 9 e o ^
».
A ferramenta netcat
para ler e enviar datos a través da
rede xa é compatible con socket
abstractos e xa os usa por omisión nalgúns casos.
Por omisión netcat
está no paquete netcat-traditional
. Pero se está a usar o
netcat
de netcat-openbsd
cun socket
AF_UNIX
aplícase o novo predeterminado. Neste caso a
opción -U
de nc interpretará como que
pide un socket abstracto, no canto dun ficheiro normal, se o parámetro
empeza por @
. Isto pode representar un perigo por que xa
non se poden usar os permisos do sistema de ficheiros para controlar o
acceso ao socket abstracto. Para seguir usando un ficheiro que empece por
@
meta antes un ./
ou especifique a
ruta absoluta.
Esta é unha lista dos paquetes obsoletos que se consideran importantes (véxase Sección 4.8, « Paquetes obsoletos » para a definición).
A lista de paquetes obsoletos inclúe:
O paquete libnss-ldap
foi eliminado
de bookworm. As súas funcionalidades atoparanse nos paquetes
libnss-ldapd
e libnss-sss
.
O paquete libpam-ldap
foi eliminado
de bookworm. O sucesor de libpam-ldap é libpam-ldapd
.
O paquete fdflush
foi eliminado de
bookworm. No seu lugar use a orde blockdev
--flushbufs do paquete util-linux
.
Eliminouse o paquete libgdal-perl
de
bookworm por que a interface de Perl para GDAL xa non recibe apoio dos
seus autores. Se precisa da interface de Perl para GDAL pode migrar á
interface FFI do paquete Geo::GDAL::FFI dispoñible en CPAN. Porén, terá que
compilar os seus propios binarios, tal coma se indica na páxina wiki de BookwormGdalPerl.
Na seguinte versión de Debian 13 (alcumada trixie) quitáronse algunhas características. Os usuarios terán que migrar a outras alternativas para evitar problemas ao actualizaren a Debian 13.
Isto inclúe as seguintes características:
O desenvolvemento do servizo «NSS» gw_name
rematou en
2015. Por mor diso pode que o paquete asociado, libnss-gw-name
, sexa eliminado nunha versión de
Debian futura. Os desenvolvedores orixinais suxiren como alternativa
libnss-myhostname
.
dmraid
leva dende o 2010 sen recibir
actualizacións dos autores orixinais, e en Debian só recibe actualizacións
de mantemento. bookworm será a última versión que o conteña. Se estaba a
usar dmraid
empece a buscar
alternativas.
request-tracker4
foi substituído por
request-tracker5
para esta versión,
e será eliminado en futuras versións. Recomendámoslle que migre de
request-tracker4 a request-tracker5 mentres dure esta versión.
A suite isc-dhcp
foi declarada
obsoleta polo
ISC. Na wiki de Debian hai unha listaxe de alternativas. As
páxinas cliente DHCP e servidor DHCP teñen listaxes
actualizadas. Se usa NetworkManager
ou systemd-networkd
pode eliminar o
paquete isc-dhcp-client
sen
problemas, ámbolos dous teñen a súa versión propia. Se está a usar o
paquete ifupdown
pode probar con
udhcpc
coma substituto. O ISC
recomenda o paquete Kea
coma
alternativa para servidores DHCP.
O equipo de seguridade seguirá mantendo o paquete isc-dhcp
durante o ciclo de vida de bookworm,
pero o paquete seguramente non estea dispoñible a partir da seguinte versión
estable. Consulte o fallo #1035972 (fin da
vida de isc-dhcp) para máis información.
Que Debian saque as novas versións cando estean listas non significa que non teña fallos coñecidos. Parte do proceso de edición consiste en que o Equipo de Edición (ou equipo «Release») seguir os fallos de gravidade seria («serious») ou superior. Pódese atopar no Sistema de Seguimento de Fallos de Debian un resumo dos fallos que foran clasificados para ser ignorados no remate do lanzamento de bookworm. Os seguintes fallos suficientemente notables afectaban a bookworm no momento de sacar esa versión:
Nº do fallo | Paquete (fonte ou binario) | Descrición |
---|---|---|
1032240 | akonadi-backend-mysql | o servidor akonadi non se inicia por que non se pode conectar á base de datos mysql |
918984 | src:fuse3 | engadido método para actualizar fuse -> fuse3 en bookworm |
1016903 | g++-12 | tree-vectorize: Código incorrecto no nivel O2 (-fno-tree-vectorize funciona) |
1020284 | git-daemon-run | non se puido purgar: deluser -f: Opción descoñecida: f |
919296 | git-daemon-run | falla con «alerta: git-daemon: non se puido abrir "supervise/ok": o ficheiro non existe» |
1034752 | src:gluegen2 | inclúe as cabeceiras non libres |
1036256 | src:golang-github-pin-tftp | Non compila en testing: dh_auto_test: error: cd _build && go test -vet=off -v -p 8 github.com/pin/tftp github.com/pin/tftp/netascii devolveu código de error 1 |
1036575 | groonga-bin | faltan dependencias: libjs-jquery-flot, libjs-jquery-ui |
1036041 | src:grub2 | avisos de actualización: Dell XPS 9550 non arranca tras actualizar de bullseye a bookworm - problema coa interacción co grub/bios? |
558422 | grub-pc | a actualización atascouse |
913916 | grub-efi-amd64 | Desapareceu a opción de arranque UEFI tras actualizar a grub2 2.02~beta3-5+deb9u1 |
924151 | grub2-common | grub.cfg erróneo para arranque efi e disco totalmente cifrado |
925134 | grub-efi-amd64 | grub-efi-amd64-signed: non monta os discos cifrados |
945001 | grub-efi-amd64 | GRUB-EFI fai unha desfeita coas variables de arranque |
965026 | grub-emu | grub-emu cala a consola de linux se se executa coma superusuario |
984760 | grub-efi-amd64 | a actualización funciona, o arranque falla (error: non se atopou o símbolo «grub_is_lockdown») |
990017 | grub-ieee1275 | [REGRESIÓN] As imaxes CD de instalación de Bullseye non instalan GRUB en máquinas OpenPOWER |
1036263 | src:guestfs-tools | Non compila en testing: make[6]: *** [Makefile:1716: test-suite.log] Error 1 |
916596 | iptables | iptables.postinst falla ao crear ligazóns |
919058 | itstool | its-tools: quebra ao liberar xmlDocs |
1028416 | kexec-tools | systemctl kexec non apaga o sistema correctamente e corrompe os sistemas de ficheiros montados |
935182 | libreoffice-core | Abrir o mesmo ficheiro de forma simultánea fai que se elimine o ficheiro |
1036755 | src:linux | 6.1.26 <= x < 6.1.30 rompe as aplicacións que usen mmap(MAP_32BIT)
[afecta a ganeti ] |
1036580 | src:llvm-defaults | engadan algúns Rompe para unha mellor actualización dende bullseye |
1036359 | elpa-markdown-toc | quebra con (wrong-type-argument consp nil) |
1032647 | nvidia-driver | Pantalla negra intermitente tras actualizar a 525.89.02-1 |
1029342 | openjdk-17-jre-headless | jexec: non se puido atopar java: Non existe ese ficheiro ou directorio |
1035798 | libphp8.2-embed | non inclúe a ligazón /usr/lib/libphp.so -> libphp8.2.so |
1034993 | software-properties-qt | falta un Rompe+Substitúe para software-properties-kde ao actualizar dende bullseye |
1036388 | sylpheed | a conta reiniciase cando se comproba o correo |
1036424 | sylpheed | responder a un correo que enviaras non establece a conta axeitada |
994274 | src:syslinux | Non compila con gnu-efi 3.0.13 |
1031152 | system-config-printer | o botón de desbloquear en system-config-printer non amosa un cadro para elevar os permisos |
975490 | u-boot-sunxi | A64-Olinuxino-eMMC queda atascado durante o arranque en «Iniciando núcleo...» |
1034995 | python-is-python3 | falta un Rompe+Substitúe para python-dev-is-python2 ao actualizar dende bullseye |
1036881 | whitedune | quebra |
1036601 | xenstore-utils | falta unha dependencia en xen-utils-common |
1036578 | python3-yade | non inclúe un módulo de python |