Capítulo 3. Instalación do Sistema

Índice

3.1. Que novidades hai no sistema de instalación?
3.2. Contedores e imaxes de Máquinas Virtuais

O Instalador de Debian é o instalador de sistemas oficial para Debian. Permite escoller entre unha variedade de métodos de instalación. Os métodos dispoñibles para a instalación no seu sistema dependen da súa arquitectura.

Pódense atopar imaxes do instalador para bookworm xunto coa Guía de Instalación na páxina de Debian.

A Guía de Instalación tamén se inclúe no primeiro disco do paquete oficial de discos DVD de Debian (CD/Blu-Ray) dispoñible en:

/doc/install/manual/idioma/index.html

Tamén lle pode interesar a lista de erratas para debian-installer, para obter unha lista dos problemas coñecidos.

3.1. Que novidades hai no sistema de instalación?

Houbo moito desenvolvemento no Instalador de Debian dende a versión oficial anterior Debian 11, o que se traduce nunha mellor compatibilidade cos dispositivos e algunhas novas propiedades e melloras.

Se esta interesado nun resumo detallado dos cambios feitos respecto a bullseye consulte o aviso da versión para as versións beta e RC de bookworm dispoñibles no rexistro de novas do Instalador de Debian.

3.2. Contedores e imaxes de Máquinas Virtuais

Están dispoñibles imaxes de contedores de varias arquitecturas con Debian bookworm en Docker Hub. Ademais das imaxes normalizadas tamén está dispoñible unha variante « estilizada » que reduce o uso do disco.

As imaxes de máquinas virtuais para o xestor de MV de Hashicorp Vagrant publícanse en Vagrant Cloud.