Índice
O Instalador de Debian é o instalador de sistemas oficial para Debian. Permite escoller entre unha variedade de métodos de instalación. Os métodos dispoñibles para a instalación no seu sistema dependen da súa arquitectura.
Pódense atopar imaxes do instalador para bookworm xunto coa Guía de Instalación na páxina de Debian.
A Guía de Instalación tamén se inclúe no primeiro disco do paquete oficial de discos DVD de Debian (CD/Blu-Ray) dispoñible en:
/doc/install/manual/idioma
/index.html
Tamén lle pode interesar a lista de erratas para debian-installer, para obter unha lista dos problemas coñecidos.
Houbo moito desenvolvemento no Instalador de Debian dende a versión oficial anterior Debian 11, o que se traduce nunha mellor compatibilidade cos dispositivos e algunhas novas propiedades e melloras.
Se esta interesado nun resumo detallado dos cambios feitos respecto a bullseye consulte o aviso da versión para as versións beta e RC de bookworm dispoñibles no rexistro de novas do Instalador de Debian.
Están dispoñibles imaxes de contedores de varias arquitecturas con Debian bookworm en Docker Hub. Ademais das imaxes normalizadas tamén está dispoñible unha variante « estilizada » que reduce o uso do disco.
As imaxes de máquinas virtuais para o xestor de MV de Hashicorp Vagrant publícanse en Vagrant Cloud.